icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

Kike Piñeiro diríxese aos asistentes á xornada de formación

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO

10-03-2014
A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet
A Rede de Comercio Rural Galego, dependente da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, impartirá un ano máis a xornada de formación para os seus 39 establecementos adheridos repartidos por toda Galicia. Nesta edición, o cociñeiro Kike Piñeiro e o barista Óscar del Toro serán os encargados de ensinar aos propietarios dos ultramarinos a facer tapas variadas así como un bo café, tanto espresso como de pota. Ampliar nova: TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

18-04-2012
Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía
O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, reuniuse en Santiago cos propietarios dos establecementos da Rede de Comercio Rural Galego para abordar cuestións concretas sobre este selo de garantía. Na xuntanza, puxéronse en común as potencialidades da marca de garantía e os beneficios que supuxo para as cantinas acollerse a esta distinción ou a viabilidade das de nova creación. Ampliar nova: A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PUBLICA A ORDE QUE REGULA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

11-01-2011
Con este documento os establecementos que cumpran os requisitos poderán solicitar o selo de calidade
A Consellería de Economía e Industria vén de publicar no Diario Oficial de Galicia, o pasado venres 7 de xaneiro, a orde pola que se regula a Rede de Comercio Rural Galego. Ampliar nova: A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA PUBLICA A ORDE QUE REGULA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

12-08-2010
 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas
A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, está traballando no impulso do comercio rural, dotando de máis e mellores servizos á poboación residente nas aldeas e vilas galegas. Froito deste obxectivo, o departamento autonómico destinou neste ano máis dun millón de euros para o impulso da Rede de Comercio Rural Galego. O titular deste departamento, Javier Guerra, visitou hoxe un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas. No acto tamén estivero...Ampliar nova: ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
Casa Calzada, en Arzúa

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

14-06-2010
As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento
A Consellería de Economía e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas a pequenos comerciantes ou promotores de comercios que se adhiran á Rede de Comercio Rural galego. A contía total das achegas é de 1.020.000 euros, destinados á adecuación dos novos establecementos, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición do equipamento preciso para a mellora dos servizos. A mellora do aprovisionamento das zonas rurais aparece recollida no programa IV do Plan Ágora, agora Re-come...Ampliar nova: ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA 16 NOVOS ESTABLECEMENTOS

11-01-2010
A Consellería de Economía e Industria ten destinado a este proxecto máis de 1,6 millóns de euros ao longo do ano 2009
A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, ten destinado máis de 1,6 millóns de euros á adhesión de 16 novos establecementos na Rede de Comercio Rural Galego ao longo do 2009. En concreto, un total de sete establecementos estarán situados na provincia da Coruña, cinco en Lugo, tres en Pontevedra e un en Ourense. Con estas novas incorporacións, a rede conta xa con 35 establecementos adheridos, co obxectivo prioritario de dotar de maiores e mellores servizos as zonas rurais.Ampliar nova: A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA 16 NOVOS ESTABLECEMENTOS
O lar da chousa, establecemento situado no concello de Mugardos e adherido á Rede de Comercio Rural Galego

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA 18 NOVOS ESTABLECEMENTOS

27-07-2009
 Un total de 37 establecementos estarán adheridos á Rede en toda Galicia a finais de ano
A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, destinará ao longo do ano 2009 máis de 1,6 millóns de euros á adhesión de 18 novos establecementos na Rede de Comercio Rural Galego. En concreto, un total de sete establecementos estarán situados na provincia da Coruña, cinco en Lugo, catro en Pontevedra e dous en Ourense. Con estas novas incorporacións, a rede contará a finais de ano con 37 establecementos adheridos, co obxectivo prioritario de dotar de maiores e mellores servizos as z...Ampliar nova: A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA 18 NOVOS ESTABLECEMENTOS
A Cantina de Julia, en Salcedo, na Pobra do Brollón

ECONOMÍA E INDUSTRIA INVISTE 2,6 MILLÓNS DE EUROS NA REXENERACIÓN DO TECIDO COMERCIAL E NO FOMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO A TRAVÉS DE AXUDAS PARA 2009

19-02-2009
 O DOG publica hoxe as subvencións para comerciantes polo miúdo que abandonen a actividade e as dirixidas a mellorar a dotación comercial no medio rural coa creación de tendas multiservizo
A Consellaría de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as ordes de axuda dirixidas a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial mais a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. Ambos programas execútanse en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego para 2009 ao que a consellaría destina neste exercicio unha contía inic...Ampliar nova: ECONOMÍA E INDUSTRIA INVISTE 2,6 MILLÓNS DE EUROS NA REXENERACIÓN DO TECIDO COMERCIAL E NO FOMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO A TRAVÉS DE AXUDAS PARA 2009
A directora xeral de Comercio observa os stand de Artesanía de Galicia e Productos Ecolóxicos e de D.O., acompañada do xerente de Galicia Calidade, o

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO CONTA CON 18 ESTABLECEMENTOS EN FUNCIONAMENTO EN TODA GALICIA

29-01-2009
A directora xeral de Comercio visitou hoxe Casa Tito, último establecemento incorporado, no concello pontevedrés de Campo Lameiro
A directora xeral de Comercio visitou esta tarde o último establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Tito, situado no concello pontevedrés de Campo Lameiro. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Con esta inauguración, a provincia de Pontevedra conta cun total de catro establecementos adheridos á Rede, situados nos concellos de Barro, Pontevedra, Pontecaldelas e o hoxe inaugurado de Campo Lameiro. Ampliar nova: A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO CONTA CON 18 ESTABLECEMENTOS EN FUNCIONAMENTO EN TODA GALICIA
A directora xeral, diante de Casa Garea, acompañada polo xerente de Galicia Calidade, o alcalde de Arzúa e o propietario do establecemento

O CONCELLO DE ARZÚA CONTA DENDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

28-01-2009
A directora xeral de Comercio visitou hoxe Casa Garea, onde o departamento autonómico investiu 100.000 euros na súa rehabilitación
A directora xeral de Comercio visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Garea, situado no concello coruñés de Arzúa, na parroquia de Castañeda. No acto de inauguración tamén estiveron presentes o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, e o alcalde do municipio, Xaquín García. Con esta inauguración, a provincia da Coruña conta cun total de nove establecementos adheridos á Rede, situados nos concellos de Touro, Teo, Santiso, Mazaricos, Vimianzo, Ribeira, Frades, Mesí...Ampliar nova: O CONCELLO DE ARZÚA CONTA DENDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral de Comercio observa xunto coa propietaria do establecemento a remodelación que sufriu a fachada da casa

A COMARCA DA BARBANZA CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

24-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe A de Ramona, o último establecemento incorporado, no concello coruñés de Ribeira
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, A de Ramona, situado no concello coruñés de Ribeira, na parroquia de Artes. Deste xeito, a comarca da Barbanza conta así co primeiro establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego. Na provincia da coruña son xa oito os establecementos vencellados ao proxecto. A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de Touro, Casa Varela; e recentemente, Casa Carril, en T...Ampliar nova: A COMARCA DA BARBANZA CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral diante do novo establecemento acompañada dos xerentes de Galicia Calidade e Turgalicia e do propietario de Casa Suárez

INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 100.000 EUROS NA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

23-01-2009
A provincia da Coruña conta a día de hoxe cun total de sete establecementos adheridos
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Suárez, situado no concello coruñés de Santiso, na parroquia de Arcediago. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de Touro, Casa Varela; e recentemente, Casa Carril, en Teo; O Mesón de Visantoña, en Mesía; o Mesón Pontecarreira, en Frades; Casa Senra, en Mazaricos; ...Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 100.000 EUROS NA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral de Comercio acompañada do xerente de Galicia Calidade e a propietaria do establecemento

A COSTA DA MORTE CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

21-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe Casa Landeira, o último establecemento incorporado, no concello coruñés de Vimianzo
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta tarde un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Landeira, situado no concello coruñés de Vimianzo, na parroquia de Treos. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Coa inauguración do mesmo a Rede de Comercio Rural Galego conta a día de hoxe co primeiro establecemento adherido na comarca da Costa da Morte. Ampliar nova: A COSTA DA MORTE CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral acompañada do xerente de Galicia Calidade, a parlamentaria Ana Pontón e a propietaria do establecemento

INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS NA POSTA EN MARCHA DE 14 ESTABLECEMENTOS DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

20-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe Casa Senra, o último establecemento incorporado, no concello coruñés de Mazaricos
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta tarde un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Senra, situado no concello coruñés de Mazaricos, na parroquia da Picota. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Coa inauguración do mesmo a Rede de Comercio Rural Galego conta a día de hoxe con cinco establecementos na provincia da Coruña. A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de Touro, Casa Varela, e ...Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 1,5 MILLÓNS DE EUROS NA POSTA EN MARCHA DE 14 ESTABLECEMENTOS DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral conversa co promotor do Mesón de Visantoña na visita ao establecemento

INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 100.000 EUROS NA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

19-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe O Mesón Pontecarreira, o último establecemento incorporado, no concello coruñés de Frades
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, O Mesón Pontecarreira, situado no concello de Frades, na parroquia de Pontecarreira. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Coa inauguración do Mesón Pontecarreira a Rede de Comercio Rural Galego conta a día de hoxe con catro establecementos na provincia da Coruña. A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de To...Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 100.000 EUROS NA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral de Comercio observa o stand de Artesanía de Galicia acompañada do xerente de Galicia Calidade e da propietaria do establecemento

O CONCELLO DE MESÍA CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

17-01-2009
 A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe O Mesón de Visantoña, o último establecemento incorporado, na parroquia de Visantoña
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, O Mesón de Visantiña, situado no concello de Mesía, na parroquia de Visantoña. No acto de inauguración tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Coa inauguración do Mesón de Visantoña a Rede de Comercio Rural Galego conta con tres establecementos na provincia da Coruña. A comezos do 2008, púxose en marcha o establecemento piloto no concello de Touro, Casa Varela, e o ...Ampliar nova: O CONCELLO DE MESÍA CONTA DESDE HOXE CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral de Comercio observa as imaxes que mostran a gran rehabilitación sufrida por este establecemento

INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 77.000 EUROS Á INCORPORACIÓN DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

16-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe o último establecemento incorporado, A de Bernardino, no concello de Pontevedra
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta tarde un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, A de Bernardino, situado na parroquia pontevedresa de Bora. No acto de inauguración tamén estiveron presentes a delegada da Consellería de Innovación e Industria en Lugo, Montserrat Prado, o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, e o concelleiro de Barrios e Parroquias en Pontevedra, Miguel Vázquez. Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 77.000 EUROS Á INCORPORACIÓN DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral de Comercio, acompañada do xerente de Galicia Calidade, a delegada de Innovación en Pontevedra e a propietaria de Casa de Porto

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA UN NOVO ESTABLECEMENTO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

15-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou hoxe o último establecemento incorporado, Casa de Porto, no concello pontevedrés de Barro
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa de Porto, situada no concello pontevedrés de Barro, na parroquia de Curro. No acto de inauguración tamén estiveron presentes a delegada da Consellería de Innovación e Industria en Lugo, Montserrat Prado, e o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao.. Ampliar nova: A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA UN NOVO ESTABLECEMENTO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
O Consselleiro de Innovación observa a rehabilitación exterior de Casa María

A PROVINCIA DE LUGO CONTA DESDE HOXE CON CATRO ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

14-01-2009
O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou hoxe o último establecemento incorporado, Casa María, no concello das Nogais
O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa María, situada no concello lucense das Nogais, na parroquia de Doncos. No acto de inauguración tamén estiveron presentes a directora xeral de Comercio, Ana Rúa, o delegado da Consellería de Innovación en Lugo, Ramón Jesús Cortés, e o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao. Ampliar nova: A PROVINCIA DE LUGO CONTA DESDE HOXE CON CATRO ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directora xeral de Comercio observa o stand de Artesanía de Galiza no novo establecemento

A CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA ACHEGA 67.000 EUROS PARA A POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

13-01-2009
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá o establecemento, ?Casa Carril?, situado no concello coruñés de Teo
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Carril, situada no concello coruñés de Teo. No acto de inauguración tamén estiveron presentes o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, e o alcalde do concello, Martiño Noriega. Ampliar nova: A CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA ACHEGA 67.000 EUROS PARA A POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
Fernando Blanco visitando o espazo de tenda de Casa Zapateiro

INNOVACIÓN E INDUSTRIA INVISTE 72.000 EUROS NA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

30-12-2008
O conselleiro nacionalista Fernando Blanco visitou o novo establecemento adherido, situado no concello lucense da Pastoriza
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa Zapateiro, situada no concello lucense da Pastoriza. Nos vindeiros días, outros doce establecementos máis estarán en funcionamento repartidos por todo o país, co que a Rede de Comercio Rural Galego contará xa con 18 tabernas adheridas. No acto de inauguración tamén estiveron presentes o delegado da Consellería de Innovación e Industria en Lugo, Ramón Jesús Cortés, e o xer...Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA INVISTE 72.000 EUROS NA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
O conselleiro de Innovación e Industria e o xerente de Galicia Calidade observan os produtos de Artesanía de Galicia no novo establecemento

INNOVACIÓN E INDUSTRIA APOSTA POLA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO COA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO

24-12-2008
Nos vindeiros días trece establecementos máis estarán en funcionamento en Galiza
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou esta mañá un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego. ?A Cantina de Julia? está situada no lugar de Salcedo, no concello lucense da Pobra do Brollón. Nos vindeiros días, outros trece establecementos máis estarán en funcionamento repartidos por todo o país, co que a Rede de Comercio Rural Galego contará xa con 18 tabernas adheridas. No acto de inauguración tamén estiveron presentes o delegado da Consellería de Innovación e Industr...Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA APOSTA POLA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO COA POSTA EN MARCHA DUN NOVO ESTABLECEMENTO

INNOVACIÓN E INDUSTRIA INCORPORA 17 NOVAS TENDAS Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

06-11-2008
A Consellaría dirixida por Fernando Blanco inviste 1.488.051,86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo na Coruña, Pontevedra e Lugo
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, investirá 1.488.051,86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. Estes establecementos súmanse así aos catro que desde hai un ano están en funcionamento con grande éxito nas catro provincias de xeito que, a finais de ano, xa estarán integrados na Rede de comercio rural galego. O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución pola que se lle dá publicidade a estas axudas.Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA INCORPORA 17 NOVAS TENDAS Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

MÁIS DE VINTE ESTABLECEMENTOS ESTARÁN INTEGRADOS A FINAIS DE ANO NA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

22-07-2008
A Consellaría de Innovación e Industria inviste 1,5 millóns de euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo que se suman ás catro abertas en 2007
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, vén de resolver a orde de axudas da Rede de Comercio Rural Galego a través da que investirá 1.488.051, 86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo. Estes establecementos sumaranse aos catro que dende hai un ano están en funcionamento cumprindo así, tal e como se anunciara na presentación das subvencións, o obxectivo prioritario de dotar de maiores e mellores servizos as zonas rurais, alcanzando a finais de 2008 os vinte...Ampliar nova: MÁIS DE VINTE ESTABLECEMENTOS ESTARÁN INTEGRADOS A FINAIS DE ANO NA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
A directoral xeral de Comercio acompañada do xerente de Galicia Calidade, esquerda, e o subdirector xeral de Comercio, dereita

A CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PRESENTA AO SECTOR A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

16-04-2008
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, explicou a iniciativa que ten como obxectivo favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación das zonas rurais
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, inaugurou esta mañá as xornadas de presentación ao sector do programa Rede de Comercio Rural Galego na que se explicou esta iniciativa encamiñada a favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación das áreas rurais. Ademais, os case cen asistentes a este evento informativo tamén puideron coñecer de primeira man a recentemente publicada orde de axudas que destinará 1,5 millóns de euros para o 2008. No acto tamén estivo presente o xerente de Galicia Calidade, Xabier...Ampliar nova: A CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PRESENTA AO SECTOR A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

XORNADA DE PRESENTACIÓN AO SECTOR DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

15-04-2008
A directora Xeral de Comercio, Ana Rúa, e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, informarán aos comerciantes da nova orde de axudas para o ano 2008
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, presidirán mañá o acto de presentación da Rede de Comercio Rural Galego e da orde de axudas para o ano 2008 que conta cunha contía de 1,5 millóns de euros.Ampliar nova: XORNADA DE PRESENTACIÓN AO SECTOR DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 1.500.000 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

09-04-2008
As axudas habilitadas pola Consellaría irán destinadas para que os pequenos comerciantes do rural se adhiran á Rede de Comercio
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as bases reguladoras para a concesión das subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego. Para iso, a Consellaría disporá dun presuposto de 1.500.000 euros, como xa anunciara o conselleiro na presentación destas axudas o pasado mes de marzo. Para poder acceder a elas, consideraranse comercios rurais os situados en concellos con menos de 5.000 habitantes e en núcleos de poboación que non superen os ...Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA 1.500.000 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

Orde de axudas 2008
Fernando Blanco e Ana Rúa

INNOVACIÓN E INDUSTRIA INCREMENTA ESTE ANO NUN 23% SOBRE O BIENIO ANTERIOR O ORZAMENTO DESTINADO AO FOMENTO DO COMERCIO RURAL GALEGO

28-03-2008
Fernando Blanco presentou as liñas de axudas dedicadas ao comercio rural que contarán cunha dotación económica de 3,5 millóns de euros.
A Consellaría fixa como un dos seus obxectivos integrar a 16 novos establecementos na Rede de Comercio Rural Galego posta en marcha en 2007.Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA INCREMENTA ESTE ANO NUN 23% SOBRE O BIENIO ANTERIOR O ORZAMENTO DESTINADO AO FOMENTO DO COMERCIO RURAL GALEGO
Inauguración da Casa Balsa

O CONCELLO DE OUROL CONTA CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

21-02-2008
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou o proxecto piloto de Casa Balsa,
O concello lucense de Ourol contará co cuarto e último establecemento piloto da Rede de Comercio Rural Galego emprazado nun antigo salón de baile, Casa Balsa. A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, o delegado en Lugo da Consellería de Innovación, Ramón Jesús Cortés, e o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, visitaron esta mañá o establecemento.Ampliar nova: O CONCELLO DE OUROL CONTA CUN ESTABLECEMENTO ADHERIDO Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Inauguración Casa Xuntáns

CASA XUSTÁNS EN PONTE CALDELAS, NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

21-02-2008
Casa Xustáns dotará de servizos aos veciños da parroquia mellorando as súas condicións de vida, un dos obxectivos da RCRG
A Consellaría de Innovación e Industria puxo en marcha un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, chamado Casa Xustáns, situado na parroquia de Xustáns, no concello de Ponte Caldelas.Ampliar nova: CASA XUSTÁNS EN PONTE CALDELAS, NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Inauguración da Casa Rosa

INNOVACIÓN E INDUSTRIA PON EN MARCHA UN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

14-02-2008
A directora xeral de Comercio, Ana Rúa, visitou o proxecto piloto de Casa Rosa, situada no concello ourensán de Maceda
A Consellaría de Innovación e Industria puxo en marcha un novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, chamado Casa Rosa de Maceda. A directora xeral de Comercio, Ana Rúa; o delegado da Consellaría de Innovación en Ourense, Xosé Antón Jardón e o xerente de Galicia Calidade, Xabier Ignacio Louzao, visitaron esta mañá este proxecto piloto.Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA PON EN MARCHA UN NOVO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO
Inauguración Casa Varela

INNOVACIÓN E INDUSTRIA PON EN MARCHA O PRIMEIRO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

18-01-2008
O conselleiro Fernando Blanco visitou o primeiro proxecto piloto, situado no concello de Touro, Casa Varela
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou esta mañá o primeiro establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, chamado Casa Varela de Touro. Fernando Blanco anunciou a inminente apertura doutros tres comercios das mesmas características noutras comarcas rurais, explicou que o obxectivo de Innovación e Industria é contar este mesmo ano con preto de 20 establecementos integrando a Rede de Comercio Rural Galego.Ampliar nova: INNOVACIÓN E INDUSTRIA PON EN MARCHA O PRIMEIRO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS