icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO INCORPORA 18 NOVOS ESTABLECEMENTOS

27-07-2009
 Un total de 37 establecementos estarán adheridos á Rede en toda Galicia a finais de ano
O lar da chousa, establecemento situado no concello de Mugardos e adherido á Rede de Comercio Rural Galego
A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, destinará ao longo do ano 2009 máis de 1,6 millóns de euros á adhesión de 18 novos establecementos na Rede de Comercio Rural Galego. En concreto, un total de sete establecementos estarán situados na provincia da Coruña, cinco en Lugo, catro en Pontevedra e dous en Ourense. Con estas novas incorporacións, a rede contará a finais de ano con 37 establecementos adheridos, co obxectivo prioritario de dotar de maiores e mellores servizos as zonas rurais,

O proxectos subvencionados están situados nos seguintes núcleos rurais: Burres (Arzúa), San Mamede (Carnota), San Claudio (Ortigueira), Capela (Toques), Cruces (Padrón), Carres (Cesuras), Ponte do Porto (Camariñas), Vilavella (Triacastela), Reigosa (A Pastoriza), Cota (Friol), A Veiga (Sarria), Xermar (Cospeito), Santa Xusta (Moraña), Gres (Vilar de Cruces), Medas (O Rosal), Fontenla (Ponteareas), Campo da Veiga (A Bola) e A Portela (Vilamartín de Valdeorras). Se algún destes renuncia á axuda, pasarían a entrar como proxectos subvencionados os seguintes incluídos na lista de reserva. En tódolos casos son tendas situadas en núcleos de poboación que non superan os 1.500 habitantes ou en concellos de menos de 5.000 habitantes.

En total, na actualidade a provincia da Coruña conta con 17 establecementos, Lugo con 9, Pontevedra con 8 e Ourense con 3. Toda a información relativa aos establecementos adheridos á Rede de Comercio Rural Galego dende o ano 2007 está disponíbel na páxina web www.comercioruralgalego.eu.


Garantía de calidade
A Rede de Comercio Rural Galego ten como obxectivo favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación rural coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a súa viabilidade económica e mellorar as súas expectativas de futuro. Así, a través do modelo definido como ?tendas multiservizo?, adáptase a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorando a calidade de atención ao consumidor, apoiando a innovación e a xestión moderna e atraendo a novos clientes cara a este ámbito. A maiores, todos os establecementos forman parte da Rede coa marca ?Comercio Rural Galego? logo de superar unha exhaustiva auditoría para garantir uns estándares mínimos e en consecuencia, a fiabilidade e a calidade.

Ademais dos requisitos de adhesión que deben cumprir e manter os propietarios de todas as tendas, nas mesmas tamén se ofrecen uns produtos e servizos mínimos como produtos frescos locais; de denominación de orixe; con indicación e denominación xeográfica protexida; ecolóxicos rexistrados no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA); de primeira necesidade; droguería e bazar e produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En canto aos servizos mínimos aos que poderán recorrer os consumidores están o pago con tarxeta, taberna-bar, internet e punto información turística.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS