icono teléfono 900 102 094
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Multiservizo

O Multiservizo Rural é un proxecto de achegamento de produtos e servizos básicos ás parroquias das zonas rurais.

Os Multiservizo Rurais ofrecen unha ampla variedade de produtos e diferentes servizos: restaurante, cafetería, servizos subcontratados para os residentes no rural (revelado de fotos, arranxos,...) e atención aos turistas (información turística, venda de artesanía da zona,..) co obxectivo de abastecer ás áreas rurais e ofrecer servizos fundamentais para a mellora da calidade dos habitantes do rural.

A súa xestión é moderna e está adaptada ás novas demandas dos residentes do rural.


CARACTERÍSTICAS

· Maior variedade e calidade de produtos e servizos.
· Atracción dos clientes potenciais procedentes do turismo rural, mellorando a atención aos visitantes e turistas cun punto de información turística na parroquia.
· Innovador en aspectos estéticos e de comunicación, convivindo a tradición con nova imaxe.
· Sistema de xestión moderno, contará con ferramentas de xestión adecuadas.
· Dotación de servizos tecnolóxicos no rural: a idea de incluír un punto de internet en cada establecemento que se adhira á rede supón o achegamento ao medio rural de novas tecnoloxías.


QUE PRODUTOS E SERVIZOS DEBE OFRECER?

Todas as persoas cando vaian a un establecemento de comercio rural deben saber que se van atopar unha serie de produtos e servizos mínimos.

É básica a diversificación nas referencias ofrecidos na procura de viabilidade do establecemento, é así mesmo unha demanda dos residentes do rural.

Produtos mínimos
· produtos frescos locais
· produtos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e denominación xeográfica
· produtos ecolóxicos rexistrados no CRAEGA
· produtos de primeira necesidade
· droguería e bazar
· produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia

Servizos mínimos
· servizos adicionais mínimos á compra: pedido por teléfono, servizo a domicilio, pago con tarxeta.
· servizo de hostalería.
· servizo de internet.
· punto información turística.
· reserva de restaurantes e actividades de ocio.


Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS