A rede de comercio rural é un proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio co obxectivo central de frear a tendencia de peche de establecementos comerciais do rural e manter servizos á poboación residente e turista.
É así mesmo un punto de referencia de comercialización de produtos locais no rural.
· Frear a tendencia de peche de establecementos comerciais no rural.
· Adaptar a oferta de produtos e servizos dos establecementos ás novas formas de consumo do rural.
· Mellora na calidade do servizo e atención ao cliente.
· Apoiar a innovación comercial e a xestión moderna.
· Atracción de novos clientes no comercio rural: visitantes e turistas.
· Dinamizar a economía do rural.
· Ofrecer unha canle de distribución dos produtos locais contribuíndo ao desenvolvemento da economía das zonas rurais.
· Facilitar a inserción das mulleres ao mercado de traballo no rural, tendo en conta que o comercio rural supón unha importante fonte de emprego para as mulleres, xa que o 64% das comerciantes son mulleres.
· Dotar de servizos tecnolóxicos ao rural, cun punto de acceso a internet nos establecementos.
· Deseñar dun establecemento multiservizo viábel no rural.
· Coordinar e promocionar conxuntamente os establecementos adheridos á Rede.

Poderían adherirse á rede de comercio rural os comercios ou emprendedores situados en todo o territorio agás nos núcleos de poboación de máis de 1500 habitantes situados en concellos de máis de 5000 habitantes.
Para confirmar este requisito, cando existan dúbidas da poboación do núcleo, o concello correspondente emitirá un certificado.
As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento
A Consellería de Economía e Industria ten destinado a este proxecto máis de 1,6 millóns de euros ao longo do ano 2009