icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

18-04-2012
Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

O xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, reuniuse en Santiago cos propietarios dos establecementos da Rede de Comercio Rural Galego para abordar cuestións concretas sobre este selo de garantía. Na xuntanza, puxéronse en común as potencialidades da marca de garantía e os beneficios que supuxo para as cantinas acollerse a esta distinción ou a viabilidade das de nova creación.

O proxecto conta na actualidade con 40 establecementos adheridos. Para incorporarse á Rede de Comercio Rural Galego o establecemento ten que estar situado en núcleos de menos de 1.500 habitantes naqueles concellos que superen os 5.000 habitantes. No caso de ser un municipio que non alcance ese número de habitantes podería estar situado en calquera núcleo de pobación.

Todas as persoas cando vaian a un establecemento de comercio rural deben saber que se van atopar unha serie de produtos e servizos mínimos. É básica a diversificación nas referencias ofrecidas na procura de viabilidade do establecemento, porque é mesmo unha demanda dos residentes do rural.

Todos os establecementos adheridos contarán pois con produtos frescos locais, produtos de denominación de orixe, indicación xeográfica protexida e denominación xeográfica, produtos ecolóxicos rexistrados no CRAEGA, produtos de primeira necesidade, droguería e bazar, produtos de artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En canto aos servizos, as tendas multiservizo contan con servizos adicionais mínimos á compra: pedido por teléfono, servizo a domicilio, pago con tarxeta, servizo de hostalería, servizo de internet, punto información turística ou mesmo reserva de actividades de ocio situadas próximas ao establecemento.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS