icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

A Marca

QUEN XESTIONA A MARCA?

A entidade encargada da xestión da marca de Comercio Rural Galego é Galicia Calidade, responsable das auditorías e avaliación dos establecementos candidatos á adhesión.


QUE SERVIZOS OFRECE?

Galicia Calidade ofrecerá unha serie de servizos aos establecementos:

· Asistencia para a adaptación dos establecementos aos requisitos da rede.
· Asesoramento personalizado a comerciantes: fiscal, laboral e de xestión.
· Seguimento dos establecementos adheridos, plans de mellora comercial continua.
· Formación.
· Publicidade e promoción.
· Melloras coa negociación conxunta a provedores.


SELO COMERCIO RURAL GALEGO

Créase o selo "Comercio Rural Galego" como garantía de calidade nos establecementos adheridos á rede de comercio rural galego.

A marca Comercio Rural Galego mantén unha unidade de deseño. O cliente que entre nun establecemento de comercio rural ten que saber o que se vai a atopar, o que virá dado polo cumprimento dunhas normas de calidade e referencias comúns na oferta, no servizo, no equipamento e na atención ao cliente que se estableceron nos manuais da rede.

A marca "Comercio Rural Galego" é consciente de que a calidade é un factor clave para a prestación dun servizo eficiente e de crucial necesidade para a supervivencia de calquera empresa, polo que, a través de exhaustivas auditorías aos establecementos adheridos garante uns estándares mínimos de calidade.

A Rede de Comercio Rural pretende con isto a dignificación do sector comercial no rural.


REQUISITOS DE ADHESIÓN

O requisito básico de adhesión da rede de Comercio Rural Galego é a viabilidade técnica e económica para o que se fará unha análise da zona, situación do comercio, oferta adaptada ao contorno,...

Os demais requisitos para participar son:

· Estar situado nunha zona rural.
· Aceptación das condicións da rede e cumprimento cos manuais.
· Participar na formación.
· Oferta de produtos e servizos mínimos establecidos pola rede.
· Instalación do TPV e asistencia á xornada formativa no establecemento.
· Cumprimento coa imaxe corporativa e co manual de adecuación do local.
· Pasar a auditoría inicial da rede.


Novas

TAPAS VARIADAS E CAFÉ PROTAGONISTAS NA XORNADA DE FORMACIÓN DE COMERCIO RURAL GALEGO

A rede conta con 39 establecementos adheridos por toda Galicia ofertando aos veciños do rural os servizos de tenda, bar , información turística e un punto de conexión a internet

A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO DOTA DE SERVIZOS BÁSICOS Á POBOACIÓN DAS ZONAS RURAIS DE GALICIA

Os propietarios dos 40 establecementos adheridos reuníronse en Santiago para poñer puntos en común sobre o selo de garantía

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS