icono teléfono 900 102 094
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

A DE BERNARDINO

 

Galería fotográfica

logo: A DE BERNARDINO A de Bernardino é un establecemento emblemático desta parroquia pontevedresa e que ten xa máis de 50 anos de historia. A modernización deste establecemento, respectando en todo momento a súa tradición, conlevou unha serie de actuacións tanto no seu interior coma no aspecto exterior.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar, ademais da dotación de equipamento necesario para o servizo de cociña. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto. Ademais, tamén se produciu unha actuación integral do seu aspecto exterior dotándoo dunha modernización sen rachar coa súa tradición.

A de Bernardino, que así se chama este establecemento, abre agora as súas portas para dar servizo a unha parroquia rural como a de Bora e facilitar así as condicións de vida ás súas veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías. Hai que reseñar que este é o único establecemento de alimentación existente na actualidade na parroquia.
 
Enderezo:
Vilares nº11, Bora
36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)

Teléfono: 986859328
volver

Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS