icono teléfono 900 102 094
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

CASA DE MARÍA

 

Galería fotográfica

logo: CASA DE MARÍA Casa María, que así se chama este establecemento, conta con gran tradición e sona na parroquia de Doncos. Ao longo da historia esta casa tradicional actuou como local social para a xente da parroquia, feito que fixo que a rehabilitación fose unha prioridade para os veciños da mesma. Ademais, coa reapertura da mesma os veciños de Doncos poderán gozar outra vez dos servizos que a poboación do rural vén esixindo cada día, entre os que se atopan os produtos de primeira necesidade ou o acceso ás novas tecnoloxías, sen ter a necesidade de se desprazaren até o núcleo poboacional máis próximo como son As Nogais.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto. Ademais, tamén se produciu unha actuación integral do seu aspecto exterior dotándoo dunha modernización sen rachar coa súa tradición.


 
Enderezo:
Lugar de Doncos, nº21
· 27676- As Nogais (Lugo)

Teléfono: 982364056
volver

Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS