icono teléfono 900 102 094
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Establecementos

A DE RAMONA

 

Galería fotográfica

logo: A DE RAMONA A de Ramona, que así se chama este establecemento, conta con máis de 40 anos de historia e é o único establecemento deste tipo na súa zona polo que a súa rehabilitación cubre tamén as necesidades da poboación máis próxima ao mesmo. Este establecemento, que se atopa xa na segunda xeración, reabre agora as súas portas para dar servizo a unha parroquia rural como a de Artes e facilitar así as condicións de vida ás súas veciñas e veciños, ofertando todos aqueles produtos de primeira necesidade, produtos ecolóxicos, de Artesanía de Galicia así como facilitando o acceso ás novas tecnoloxías; sen esquecer a posibilidade de facer pedidos de mercadorías por teléfono e recibilos no domicilio, aspecto moi a ter en conta, sobre todo, pola xente de máis idade da zona.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservicio e unha zona de bar. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas, que xunto coa formación que recibiron os comerciantes axudan a consolidar a viabilidade deste proxecto.


 
Enderezo:
Lugar de Outeiro, nº 67
·15969- Artes- Ribeira (A Coruña)

Teléfono: 981871684
volver

Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS