icono teléfono 900 102 094
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Presentación

Imaxe de artesanía

Era unha realidade a tendencia á desaparición do tradicional comercio rural galego, e por eso se plantexa un proxecto que tenta redeseñar, mellorar e modernizar estes establecementos e a súa xestión.

Se facemos un perfil do comerciante é o dunha muller de máis de 45 anos, pouco profesionalizada, sen moita formación específica, cun supermecado sen apenas servizos complementarios, e que atende na súa gran maioría a persoas de tamén máis de 45 anos.


Por eso a Consellería de Economía e Industria, por medio da Dirección Xeral de Comercio, invertirá 4 millóns de Euros durante os vindeiros catro anos, dos cales 1,8 millóns serán invertidos no ano 2008.

Como non podía ser de outro xeito, co proxecto Comercio Rural Galego quérese elevar a calidade de vida e dotar de servizos todas as zonas do noso País, cumprindo así varios obxectivos, como son: adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación, mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos, crear postos de traballo e dinamizar a economía rural, dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.


Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA A REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

 Javier Guerra presentou as inversións para este ano 2010 na visita a un dos establecementos adheridos, Casa Tito, no concello pontevedrés de Ponteareas

ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS QUE SE ADHIRAN Á REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

As achegas, que se poden solicitar ata o 14 de xullo, están dedicadas á adecuación dos novos establecementos comerciais, rehabilitación e reforma dos existentes e á adquisición de equipamento

Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS