icono teléfono 881 995 230
icono sobre info[@]comercioruralgalego.es
Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Industria - Dirección Xeral de Comercio (ábrese nunha nova ventá)

Novas

INNOVACIÓN E INDUSTRIA PON EN MARCHA O PRIMEIRO ESTABLECEMENTO DA REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

18-01-2008
O conselleiro Fernando Blanco visitou o primeiro proxecto piloto, situado no concello de Touro, Casa Varela
Inauguración Casa VarelaO conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitou esta mañá o primeiro establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, chamado Casa Varela de Touro. Fernando Blanco anunciou a inminente apertura doutros tres comercios das mesmas características noutras comarcas rurais, explicou que o obxectivo de Innovación e Industria é contar este mesmo ano con preto de 20 establecementos integrando a Rede de Comercio Rural Galego.
Co desenvolvemento da rede a Consellaría quere levar a calidade de vida e dotar de servizos a todas as zonas do noso rural, cumprindo así varios obxectivos: · adecuar a oferta comercial ás necesidades da poboación
· mellorar a rendibilidade da xestión dos establecementos
· crear postos de traballo e dinamizar a economía rural
· dotar de novos produtos e servizos ao comercio rural aumentando a súa calidade e comercializar produtos autóctonos e artesanais galegos.

Hai unha rede de tendas repartidas por toda Galicia e que dispoñen dun servizo de asesoramento de xestión integral.

O selo de Comercio Rural Galego garante pois a calidade e o cumprimento da normativa dos mesmos e unha garantía de confianza dos produtos ofertados.

A marca Comercio Rural Galego conleva a oferta dunha serie de produtos mínimos comúns a todos os establecementos da rede, entre os que destacan os produtos locais, ecolóxicos e de artesanía alimentaria co fin de que o comercio rural sexa o referente de produtos frescos e transformados de calidade. Tamén se comercializan denominacións de orixe galegas, produtos ecolóxicos co selo de Agricultura Ecolóxica de Galicia, produtos da marca Galicia Calidade e artesanía da comarca.

Canto aos servizos, existen uns mínimos como: os de café-bar, un punto de información turística, un punto de acceso á rede e a posibilidade do pagamento con tarxeta.

Habilitouse unha área de almacén, unha área para autoservizo, unha zona de bar e unha área para o estanco. Dispuxéronse aseos adaptados para a accesibilidade de persoas con discapacidade e, por outro lado, dotouse ao establecemento dun Terminal de Punto de Venta (TPV) e ferramentas de xestión empresarial modernas.

Casa Varela, conta con máis dun século de existencia, e coa súa reforma e integración na Rede de Comercio Rural Galego preténdese dar continuidade dun negocio que ao tempo proporciona servizos aos habitantes de Touro e das zonas achegadas.
volver

Establecementos

A CANTINA DE JULIA

Enderezo:
Rúa da Carreira nº2 · 27338- Salcedo- Pobra do Brollón (Lugo)
Telf.: 982430222

Ampliar información sobre o establecemento: A CANTINA DE JULIA

A CASA DO QUIN

Enderezo:
Pepín nº40 · 32625 - Castrelo do Val(Ourense)
Telf.: 988419215

Ampliar información sobre o establecemento: A CASA DO QUIN

A DE BERNARDINO

Enderezo:
Vilares nº11, Bora 36154- Pontevedra (PONTEVEDRA)
Telf.: 986859328

Ampliar información sobre o establecemento: A DE BERNARDINO

A DE MARUJA

Enderezo:
Lugar de A Chá nº4 ·15391 Carres- Cesuras (A Coruña)
Telf.: 981790050

Ampliar información sobre o establecemento: A DE MARUJA
Rede de Comercio Rural Galego (Páxina de inicio)
Aviso Legal | Accesibilidade | Novas RSS